Cal lacaio, a prosa ha de deambular xunto á cabalgadura do escritor. Sen servilismo, coa esixencia propia do que ha de camiñar con precisión cara a un final. A viaxe, a ese ritmo, con ese cadencia lenta e respectuosa, ha de proseguilo o lector ata que a súa imaxinación alcance matices sequera intuídos polo autor. O círculo é necesariamente vicioso, ha de incluír autocompracencia en cada achado.
Como a cerámica, tras requiebros insólitos, o escrito incorpora pegadas, incisos -fenda feita mediante cortes na superficie- e sitúa mouteiras, elévase en cumes de prodixio e recae en vicios rutineiros, en excesos, no albisque de horizontes innecesarios. Substantivos combinados con adxectivos intercambiables propoñen solucións xeniais ou absurdas, brillan e corrómpense. As metáforas non son sempre comprendidas nin serían asumibles polo relator. Por riba, a versión experimental do que le é transgresora: adapta, interpreta, traduce para a súa capacidade, exclúe o ignorado, reclama actitudes nunca propostas, admite matices insólitos e déixase embaucar por novas musas e por bifurcacións insospeitadas. Os alcances do texto son limitados, a infinitud é posible. Ler é un vicio, supón discernir entre palla e po, e gozar ao fin.
A proliferación de incisos eleva a Barroco a calma do claro, chairo e pura. Pero a arte é esixente, reclama novidades profusas, alude cos seus requirimentos ao que os galegos chamamos, no falar coloquial, reviravolta, demanda renovación e déixase interpretar en vanguardia, elude o estatismo. E é que o profuso e interminable ha de desembocar cal río no océano da expresividade. O pracer ha de obterse no pescar ou no nadar ou, no máis sutil, no sobrenadar. En todo caso ha de derramarse no lago do proveito polo simple pracer de acceder ao belo ou de, cando menos, xa que dunha viaxe fálase, ao saber otearlo con frescura. Interpretar é ineludible, aprecir é necesario, deixarse levar é posible se sabemos o que queremos alcanzar, dispostos á sorpresas, aos meandros, á renuncia, a recoñecer que tampouco sabiamos, coa humildade dos filósofos clásicos.
Deletrear, silabear, pronunciar con requiebros ou sen eles, ha de supoñer unha odisea, un periplo, unha translación, a eventualidade daquilo que nos fai felices sequera por un instante. A posibilidade de reler, de retornar, é esperanza, a continxencia do reingreso nun paraíso do que só nos separa o alcance dun anaquel, quizais dun mapa delimitado por unha cultura que admite desportillados. Hai que deixar pois que o trigo creza nas fronteiras, como propuxo o poeta Carlos Oroza, permitir que se anulen os límites artificiais.
Gustaríame escribir todo o que lin. Gozaría con só poder asimilalo, non me conformo co recordo, nin coa reinterpretación, tampouco demando excesos. Sei que, cando lemos, buscamos o sentido do mundo, completar unha torre de naipes, forzando o encaixe, o equilibrio, aceptando que haberá de desmoronarse. Tratamos de achar a fórmula secreta, as razóns do Ser e do Estar, o por que das cousas e de nós mesmos. A felicidade acontece con improbabilidade de permanencia, sabémolo.
A memoria e a desmemoria son o gran xogo de eternidade. O ser le e esquece, retorna a ler e entón volve contemplar o que xa coñece, reingresa a pensar o que ha de tornar a desmemoriar. É fermoso o círculo de nadas, o redescubrimiento, a germinación do esquecemento, o ganduxar cunha evocación mínima un relato. Desde as nubes, a choiva restitúese en río, en auga viaxeira que xa nunca será a mesma. De maneira igual, a memoria retorna ao libro que xa nunca será o que foi. Hai algo paralelo coa Historia, quizais sexan os universos paralelos, o ganduxar de novas inquietudes non confesables pero vivas en potencia.
Ao escribir ou ao ler acentuamos a prospección de agudezas. Con elas queremos reducir o noso mundo peza a peza para volver recompoñelo con antollo, a barallalo con intención egocéntrica. Partindo dunha porción da autenticidade anexionamos fragmentos dun colosal crebacabezas global de intereses impredicibles. O inédito será valioso si o discernimos. O imprevisto, acaece. Mais seremos cinza.
Cal guzmán, quero cabalgar de novo a par de Cervantes, con el alcanzarei ao Quixote, gozarei cal Sancho, saberei da Mancha, gozarei os alcances do texto. Non se se estou tolo ou cordo, si respondo do meu amor polos libros nunha viaxe que comezou nun lugar de cuxo nomee non podo acordarme. E así desexo imbuírme de todas as culturas desde a comprensión do outro, como lacayo fiel e curioso, servil e encariñado se se quere. Cada vida é lexible desde unha emoción reversible ou non, subxectiva. As circunstancias xa non son as que eran. Vale.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu este martes a importancia de crear as condicións necesarias para que as novas xeracións vexan no sector marítimo-pesqueiro unha oportunidade de crear as condicións de futuro que lles permita desenvolver un proxecto de...
Manuel Tizón Lago, a quien todos conocían como Nolo, se ha marchado con el silencio de la última marea, dejando un vacío tan hondo como la bajamar en la ría que tanto amó. Ya forma parte del territorio de la memoria más tierna, convirtiéndose en una pieza fundamental...
Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...
Vai anos falábase de construír futuro no sector pesqueiro, partindo da base de eliminar a desconfianza mutua a prol dun beneficio mutuo porque "arrastramos condutas nas que a ausencia e a fenda é tan grande que nos daremos conta tarde do que nos estamos a perder. Falo...
Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...
El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...