A Policía de Rianxo propuxo a 44 condutores para sanción administrativa durante o trimestre xullo-setembro

14 Outubro 2021

A Policía Local de Rianxo achegou o seu balance de actividade relativo ao trimestre xullo-setembro, período no cal, entre outros cometidos, os axentes rianxeiros efectuaron diversos operativos en coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico nas campañas de seguridade viaria impulsadas polo dito organismo estatal. Como resultado das mesmas foron controlados 6.750 vehículos e condutores dando lugar a 44 propostas de sanción administrativas, 15 por condución baixo os efectos do alcohol, 8 por condución con presenza de drogas no organismo e 21 por infraccións de velocidade.

Un dos controis nos que colaborou a Policía de Rianxo

Dentro dos mesmos operativos instruíronse dilixencias penais sendo postos a disposición xudicial 10 condutores, 9 por facelo baixo os efectos do alcol -1 deles atopándose implicado nun accidente de circulación- e 1 por condución con cancelación de vixencia por perda total de puntos.

En materia de seguridade cidadá procedeuse a propoñer para sanción a 3 persoas por infraccións varias á Lei 4/2015 e máis á posta a disposición xudicial de 3 detidos por diversos ilícito-penais (tráfico de drogas, reclamación xudicial e atentado a axentes da autoridade).

Asemade, no capítulo do balance trimestral adicado aos operativos en materia de policía administrativa, os axentes locais propuxeron para sanción a 62 propietarios de terreos con carencia de limpeza, os cales foran requiridos para proceder a dar cumprimento á normativa en materia medioambiental, e tamén procedeuse a efectuar 60 propostas de sanción por infraccións urbanísticas e ocupacións de vía pública carecendo das licencias e permisos oportunos e a 9 propietarios de animais por incumprimentos relativos á lei de protección e benestar animal e ordenanza de limpeza.

Outros artigos

O Araño acolle o 13 de marzo un obradoiro de primeiros auxilios

O Centro Cultural da Capela (A Araño) acolle o vindeiro venres 13 de marzo un obradoiro gratuíto sobre primeiros auxilios. Trátase dunha actividade formativa dirixida a toda a cidadanía en xeral e voluntarios de atención sociosanitaria. O obxectivo do obradoiro é...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.