A Pobra vai acoller dous cursos sobre gandería

06 Outubro 2021

Dúas novas accións formativas desenvolveranse na Pobra do Caramiñal nas vindeiras semanas. O curso Iniciación e mellora da gandería de ovino/cabrún transcorrerá do 13 ao 17 de outubro e constará dun total de 25 horas lectivas; mentres que o de Iniciación e mellora da gandería de vacún de carne será do 18 ao 22 de outubro, tamén formado por 25 horas lectivas.

A actividade formativa celebrarase no Auditorio do Museo Valle-Inclán, en horario de 09.00 a 14.00 horas, seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Os contidos serán impartidos por Joan Alibés, pertencente a Beealia, e dentro dos programas de formación que realiza a Xunta de Galicia para o ámbito rural.

Os obxectivos principais destas accións son “identificar as necesidades de cada persoa participante para adaptar o contido dos cursos ás mesmas; proporcionar as bases de coñecemento do sector ovino e cabrún galego (carne e leite); e elaborar un Plan individual para o proxecto/gandería de cada participante”.

Ámbalas accións formativas son de balde. As prazas son limitadas e as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse a través do formulario habilitado. Pódese solicitar máis información mediante o teléfono de contacto 981377607 ou o enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal.

Organiza a Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), en colaboración coa Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL); Beealia; Consellería do Medio Rural da Xunta; Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; e Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...