A Fiscalía solicita máis de 14 anos de prisión para un home que disparou cunha escopeta á súa exparella en Ribeira

03 Outubro 2021


A Fiscalía Provincial da Coruña solicitou 14 anos e medio de prisión para un home que, tentou presuntamente matar a súa exparella en Ribeira tras dispararlle cunha escopeta. No momento dos feitos ambos mantiñan unha relación amizade, xa que a vítima, en situación de drogodependencia, acudía a casa do acusado para tratar de conseguir droga.

En xuño de 2020 a muller volveu á vivenda do home acompañada de dous compañeiros e unha vez dentro o acusado pediulle ter relacións se ben negouse. A muller tentou sair e o acusado, ao oír a porta pecharse, empezou a gritar e, presuntamente, colleu unha escopeta. Desde o balcón da planta superior efectuou un disparo sobre a vítima.

O impacto do balín penetrou pola zona do hemitórax e perforoulle o ventrículo esquerdo provocándolle unha contusión no pulmón esquerdo afectando a órganos vitais. A muller esborrallouse no chan e as persoas que a acompañaban foron a solicitar auxilio.

Segundo a fiscalia a muller non morreu grazas á rápida intervención dos servizos sanitarios e a intervención cirúrxica no CHUS de Santiago, xa que sufriu, ademais da perforación citada, dores articulares, musculares, limitación de mobilidade nos brazos, cansazo e tensión postraumático necesitando dous meses para curarse.

A Fiscalía considera que se trata dun delito de asasinato en grao de tentativa, polo que solicita unha pena de 14 anos e medio de prisión, así como a prohibición de achegarse á vítima a menos de 200 metros e comunicarse con ela durante 20 anos. Pídese 24.533 euros de indemnización e que o acusado se faga cargo dos gastos médicos e farmacéuticos. O xuízo está previsto que empezo o próximo 7 de outubro na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.