A expulsión de Juan condenou ao Boiro contra o Sigüeiro (0-1)

25 Outubro 2021


O Boiro segue sen coñecer a vitoria en Barraña. Unha expulsión do porteiro Juan lastrou todas as aspiracións dos boirenses fronte ao Sigüeiro. O conxunto santiagués levouse os tres puntos grazas a un tanto de Diego Fuentes nun contragolpe que foi suficiente para deixar máis tocado aínda ao Boiro.
Con todo isto, o Boiro saíu valente e dominador. Pero un balón á espalda da defensa provocou que Juan forzara a súa saída e terminara golpeando a Diego Fuentes. Falta, cartón vermello e os de Barraña con 10. Luis Carro, obrigado, moveu o banquillo e sacrificou ao xuvenil Mario para dar entrada a Lois baixo paus.
A pesar de estar cun home menos, os locais foron quenes puxeron as oportunidades, pero nin Piñeiro, que estrelou seu remate no traveseiro, e Felipe que non superou a Ale, foron capaces de adiantar aos seus antes do descanso ao que se chegaría co resultado gafas.
Nos segundos 45 minutos os boirenses seguiron ben platados e organizados sobre o verde.
Pero un córner a favor do Boiro rematou nun contragolpe perfectamente ben trenzado que serviría para que Diego Fuentes apuntillara co 0-1 a un Boiro que segue sen carburar neste inicio ligueiro.
Con este resultado os boirenses sitúanse na parte baixa da táboa con 5 puntos. A vindeira xornada visitarán ao Pino, que marcha segundo nesta Preferente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.