A Consellería de Política Social recibe en Ribeira o recoñecemento de socia de honra de TDAH Salnés

24 Outubro 2021

No encontro abordáronse os retos do TDAH na adolescencia e nas etapas educativas da ESO, Bacharelato e a Universidade, así como na súa incorporación ao ámbito laboral.

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, recolleu o recoñecemento de ‘Socia de Honra’ entregado pola Asociación TDAH Salnés á Consellería de Política Social. Durante o encontro, realizouse unha mesa redonda e un coloquio no que se abordaron os retos das persoas con TDAH durante as etapas educativas da ESO, Bacharelato e a Universidade, así como a súa incorporación ao ámbito laboral.

O director xeral sinalou que o Goberno galego está ao carón das familias e as persoas con TDAH para ofrecerlles un sistema educativo adaptado ás súas necesidades e servicios de atención temperá que axuden á súa prevención e tratamento especializado. Neste sentido, lembrou que actualmente existen 39 unidades de atención en funcionamento distribuídas por toda a comunidade, 37 máis que no ano 2009.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.