A Casa do Concello de Ribeira acolle a exposición Retratanto en prata de AGADEA

06 Outubro 2021

A mostra itinerante da Asociación Agadea, Retratando en Prata, xa se pode visitar no concello de Ribeira. Exposición está composta por unha recompilación de 33 retratos de usuarios e coidadores profesionais desta asociación. 22 deles, están inspirados en residentes do Centro de día de Alzhéimer de Ribeira.
A 1º tenente alcalde, María Sampedro, convidou á veciñanza a visitar a mostra e agradeceu a Agadea o labor levado a cabo cos veciños do concello que son usuarios do centro.
Retratando en Prata nace dun colectivo de 76 artistas de distintas zonas de España. A impulsora do proxecto e unha das autoras, Nanda Cabaleiro, asegurou que a idea xurdiu durante a pandemia, co obxectivo de retratar ás persoas máis afectadas pola crise do coronavirus. Cada retrato dos expostos no concello foi realizado por un artista diferente.
Isabel Gey, presidenta de Agadea sinalou que entre retratista e retratado créase un vínculo especial e que moitos dos artistas están desexando coñecer ós usuarios ós que pintaron.
Unha vez rematado o percorrido desta exposición, que tras pasar por Ribeira, chegará a Estrada, as persoas retratadas recibirán como agasallo as obras orixinais por desexo dos autores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.