A Casa da Cultura de Lousame acollerá este sábado unhas xornadas sobre nutrición e planificación en montañismo

13 Outubro 2021

A Casa da Cultura de Lousame acollerá este sábado 16 de outubro, ás 19:00 horas, unhas xornadas formativas sobre nutrición e planificación de actividades no medio natural organizadas polo Club Lousame Deporte, en colaboración co Concello de Lousame e a Federación Galega de Montañismo. Unhas xornadas gratuítas pero con aforo limitado, polo que é preciso anotarse previamente en bandoticket.com.

As xornadas constarán de dúas conferencias. A primeira delas, Planificación en montañismo e no medio natural: obxectivos e riscos, será impartida por Joaquín F. Gómez, profesor da Escola Galega de Alta Montaña ás 19:00 horas. Ás 20:15 horas, Adrián Maroñas, educador físico, readaptador de lesións e dietista-PNI, falará sobre Educación nutricional para deportistas: buscando o máximo rendemento.

Con esta iniciativa, o Club Lousame Deporta retoma o plan de formación, interrompido por mor da pandemia da COVID-19. “Nesta xornada trataremos temas moi importantes, como son a nutrición e a planificación en actividades no medio natural. Consideramos que a seguridade e a saúde son aspectos moi importantes nas persoas e, cando máis preparadas estean nestes ámbitos, mellor”, explican dende Lousame Deporte.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.