Uns trinta voluntarios retiraron da praia do Castro-Catía uns 115 quilos de refugallos

26 Setembro 2021

Este domingo 26 de serembro, o voluntariado de Ribeira e a comarca baixou á praia para poñer de manifesto a importancia de coidar o medio mariño e reivindicar novos e sustentábeis xeitos de relacionarnos con el.

En concreto, estamos a falar da limpeza de plásticos e outros refugallos organizada pola empresa LimpOcean na praia de Castro-Catía, entre Castiñeiras e Aguiño, en colaboración co Concello de Ribeira.

Na xeira de traballo participou unha trintena de persoas.

A actividade que tivo a Ricardo Babío (socio fundador e director executivo -CEO- da devandita entidade) como coordinador da mesma, deu inicio pasadas as once e media da mañá e se prolongou ata preto das dúas da tarde.

Os traballos incluíron a recollida colectiva de todo tipo de refugallos (cabichas, cordas, latas, microplásticos, etc.) e despois a clasificación e o peso de todo o material contaminante apañado.

En total foron recollidos 115,7 quilogramos de lixo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

Una guía del Ayuntamiento de Barcelona dirigida a los centros educativossugiere no bailar ni poner música durante el Ramadán, porque “algunaspersonas musulmanas pueden considerar la música o la danza como unaactividad no idónea”. Más allá del contenido concreto de la...

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

Non á guerra, debe ser algo máis que un slogan ou unha apostila electoral. Os gobernantes, responsables políticos, institucións e organismos internacionais así como a propia cidadanía temos que ser conscientes de que queremos un mundo en paz, libre de guerras e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.