Seguen este mes de setembro os roteiros guiados do Concello de Rianxo. Desta volta, coincidindo coas festas rianxeiras máis internacionais, o Goberno local organizou un percorrido divulgativo para mostrar a historia da Guadalupe e os puntos de interese vencellados á súa devoción.
O roteiro, que ten prazas limitadas, vén da man da Área de Turismo do Concello. O lugar e hora de inicio da ruta será o 15 de setembro ás 11.00 horas, diante da Capela da Guadalupe de Rianxo.
As inscrición (obrigatoria) deberá facerse nos puntos de información turística de Rianxo ou no teléfono 604 023 753 (de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 19, fin de semana de 10:30 a 14:30).
– Prazo límite de inscrición: ata 2 días antes da ruta.
- Nº mínimo de persoas para a realización da ruta: 5.
- Nº máximo total de persoas na ruta: 20.
- Duración da ruta: de 1 h 30 min.