Román Rodríguez comprobou os traballos de posta a punto realizados o IES Campo de San Alberto

13 Setembro 2021

Este sábado o IES Campo de San Alberto de Noia recibiu a visita do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, quen acudiu ao centro educativo para comprobar os traballos de mellora realizados no mesmo ao longo destes meses, co fin de poñelo a punto de face ao inicio do curso. Na súa visita estivo acompañado polo alcalde, Santiago Freire.

O titular de Cultura e Educación aproveitou a súa estadía en Noia para mostrar o seu rexeitamento á intención do Goberno do Estado de eliminar os exames de recuperación na ESO posto que consolida o “decreto do aprobado xeral” cos conseguintes “efectos negativos” no sistema educativo na medida en que “desincentiva o esforzo e baixa o nivel de preparación do alumnado e xera desigualdade”.

O conselleiro fixo estas declaracións tras comprobar o resultado das obras de rehabilitación integral que se están a piques de rematar no devandito IES noiés, unhas obras por importe de máis de 1M€ que se enmarcan nun investimento de máis de 8,3M€ en obras en centros educativos do Barbanza comprometidas para este ano.

Explicou que ademais do paquete de actuacións que se culminan este ano por importe de máis de 2M€, entre elas a do instituto noiés, este verán executáronse ou iniciáronse 31 obras en centros desta zona, cun orzamento total de case 1M€. A maiores, e xa para executar no 2022, a Xunta de Galicia compromete outro paquete de seis intervencións en centros do Barbanza, cun orzamento de case 5,4M€, das que xa están licitadas as rehabilitacións integrais do instituto IES Plurilingüe Fontexería (Muros) e do colexio CEIP Flavia (Padrón).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pasear ou traballar”. Xulio Xiz

“Pasear ou traballar”. Xulio Xiz

Antes, as sentencias cuasi filosóficas eran propias da xente de idade, adquiridas por experiencia vital. E palabra de vello era palabra sabia, material sobre o que se construíu o riquísimo refraneiro popular. A frase rotunda que orixina a miña cavilación, foi...