Ribeira retoma a Escola Municipal se Teatro Infantil

24 Setembro 2021

A Concellería de Cultura de Ribeira retoma un curso máis a Escola Municipal de Teatro Infantil para rapazas e rapaces de 7 a 12 anos, cun mínimo de 10 e un máximo de 20 participantes. O curso comezará o vindeiro 14 de outubro ata o mes de xuño do ano próximo.
Datas e horarios: As actividades da Escola Municipal de teatro infantil desenvolveranse no Auditorio municipal de Ribeira os xoves, de 18:30 h a 20:00 h, con data de inicio na segunda semana de outubro (xoves 14) e rematando na primeira semana de xuño de 2022. Realizarase unha montase para estrear no marco da Mostra de Teatro Infantil de
Ribeira e como fin de curso, sempre e cando a situación  o permita.
Idades dos/das participantes: Rapazas e rapaces de 7 a 12 anos (ambos incluídos). Establécese un grupo mínimo de 10 participantes para celebrar esta actividade e un máximo de 20 inscritos.
Modalidade de Renovación: Aqueles/as nenos/as que asistiron a anterior edición da Escola Municipal de Teatro Infantil (curso 2019- 2020) poderán renovar a súa participación para o presente curso 2021-2022 do 27 de setembro ao 3 de outubro, ambos inclusive.
Modalidade de nova inscrición: En caso de quedaren vacantes unha vez realizadas as renovacións, abriríase un prazo para recoller novas inscricións para aquelas persoas que cumpran cos requisitos de idade establecidos. O prazo para novas inscricións será do 4 ao 10 de outubro, ambos inclusive.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...