“Reparto máis equilibrado e realista” – Antón Luaces

27 Setembro 2021

Estarán errados aqueles que mandan no sector pesqueiro ou é que erran porque no saben máis? A vila coruñesa de Sada viviu a pasada semana as IV Xornadas da Frota de Cerco organizadas pola Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA), maioritaria como é sabido entre as desta modalidade en Galicia. Entre os participantes nas deliberacións relacionadas coa pesca de cerco estaba a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a coruñesa Alicia Villauriz, quen co obxectivo de garantir unha rendibilidade económica que garanta no tempo a actividade pesqueira, falou da importancia de optimizar o uso dos recursos pesqueiros dispoñibles e darlle aos produtos acadados un valor axeitado.

Para que o devandito sexa posible, salientou a señora Villauriz o papel -que considerou fundamental- das organizacións de produtores que deben procurar o desempeño sustentable da súa actividade pesqueira, mellorar a comercialización dos seus produtos e optimizar, en definitiva, os ingresos derivados da súa actividade. Pregunto, inocentemente: soubo a secretaria xeral de Pesca a quen se dirixía cando se refería á optimización dos recursos, á valoración axeitada dos produtos, á actividade pesqueira sustentable, á mellora da comercialización e á optimización dos ingresos derivados da pesca, ou díxoo como quen llo podía dicir a unha asociación de charcuteiros?

Porque, na realidade, o discursos servía para calquera actividade produtiva. Pero referida á pesca do cerco -que en Galicia ten a significación conxunta da economía, a sustentabilidade e o emprego, entre outros aspectos- Alicia Villauriz debería ter presente que, de sempre, o sector cerqueiro galego ven reclamando que o seu departamento realice un reparto -por exemplo na sardiña- máis equilibrado e realista. Porque de non ser así, os cerqueiros galegos vense na obriga de comprar peixe -repito, sardiña- que se lle adxudica a outras comunidades autónomas -por exemplo a Andalucía e, máis concretamente, ao Golfo de Cádiz-  que os barcos andaluces non pescan.

Mellórase deste xeito a comercialización que desexa o Ministerio, valórase así a produción, mellórase a sustentabilidade da pesca cando, de non comprar os galegos a cesión de cota dos andaluces do Golfo de Cádiz  esa cota podería perderse porque non habería quen  a capturara? 

E que non se dan de conta de que a Galicia non lle chega  a porcentaxe que lle aplica o Ministerio e que a Andalucía lle sobra o cedido. Como se pode outorgar ao Golfo de Cádiz un 40% da cota española á vista de que, ano tras ano, Galicia se ve na obriga de comprar o que realmente lles sobra aos compañeiros andaluces que, de non ser así, veríanse na obriga de perder centos de quilos de sardiña porque non a consumen?

España e Portugal son sabedores de que o reparto de cota que fan non está na liña da compensación que se supón corresponde a cada comunidade autónoma española e que, no caso da de Galicia, polo número de cerqueiros necesariamente debe comprar cota   para que todos os barcos podan, cando menos, falar de conta de resultados ou, como dixo en Sada a secretaria xeral de Pesca, “optimizar os ingresos derivados da súa actividade”?

Cando falou de sustentabilidade e de contribuñir a que o sector sexa cada vez máis competitivo xerando riqueza e emprego, tería en conta este alto cargo do Ministerio a realidade do sector e a contribución do seu departamento a facer que o que expón poida ser un día realidade sen que os armadores e os tripulantes destes 200 cerqueiros que hai hoxendía en Galicia morreran no empeño?

E a ver que sae da tramitación do anteproxecto de Lei de Pesca Sustentable e Investigación que, segundo a propia secretaria, compre conseguir que sexa “de todos e para todos”. Como no Golfo de Cádiz, como en Euskadi, señora secretaria xeral de Pesca?.  Se este vai ser o sistema que permita un sector cada vez máis sustentable e competitivo que xere riqueza e emprego, moito me temo que haberá que agardar anos e unha outra lei de pesca que, efectivamente, dea un reparto realista ao pouco que temos. Porque a sardiña deste xeito non volve ás costas galegas: cinco anos de carencias desta pesqueira non compensaron. O mesmo pasou coa anchoa. Xa me contará que contas botan no Ministerio cando pensan no sector pesqueiro de baixura. E, de paso, se pensaron na frota galega,

Outros artigos

“Moitos non teñen avoa”. Luís Celeiro

A Xunta de Estremadura, a través dun decreto publicado en xaneiro deste ano, concede axudaseconómicas para contratar aos avós que coiden dos seus netos. A nova apareceu publicada nosdiarios e a moitos lectores sorprendeunos. As avoas e tamén os avós eran (e son)...

+

“Diplomacia, moralidade ou caer da burra?” – Antón Luaces

O bloqueo petroleiro contra Cuba foi condenado pola Organización das Nacións Unidas (ONU). Ao mesmo tempo, este organismo internacional anunciou o despregamento de axuda humanitaria tendente a paliar a crise enerxética e alimentaria que, por tal medida coercitiva,...

+

“Lo que dicen y lo que realmente hay”. José Fernández Lago

Los estamentos de poder proclaman a grandes voces que hemos progresado mucho, que en ningún momento de nuestra historia habíamos llegado tan alto… El caso es que, si vamos a comprar lo que se necesita para nuestra alimentación, aun sin adquirir materiales de lujo,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El discurso de Liliana Sáenz”. Mario Clavell

“El discurso de Liliana Sáenz”. Mario Clavell

Es la oración fúnebre que esta rapaza pronunció al final del funeral en Huelva por las víctimas de Adamuz. Hay discursos memorables en el género oratorio y yo añado el que pergeñó esa hija de una de las víctimas del accidente ferroviario. Mostró ánimo muy grande y...

“Desahucio si, desahucio no” – Manuel Domínguez

“Desahucio si, desahucio no” – Manuel Domínguez

Desahucio si, desahucio no. Has invertido tus ahorros en una segunda casa para intentar garantizar tu futuro, como una ayuda extra a la pensión escuálida. Entregaste la entrada, y ahora con el alquiler la vas pagando. Resulta que el inquilino por h o por b, queda con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.