Remata con éxito a campaña das Quincenas Fantásticas da ABE coa última entrega de premios

03 Setembro 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) puxo o punto de final á campaña das Quincenas Fantásticas (unha campaña que pasará á historia, nos 33 anos de andaina da ABE, na que se conseguiu a participación das máis de dúas centenas de empresas socias) coa última entrega de premios.

Este 3 de setembro, na sede da entidade boirense, entregáronse os premios correspondentes á última quincena que en total suman 530€ en vales de compra e que foron os que citamos a continuación.

-Premio de 250 € > Mari Cruz > Compra realizada en Vinalium

-Premio de 150 € > Olga Nieto > Compra realizada en The Desire Shop

-Premio de 100 € > Ana Hermida > Compra realizada en Lolita Moda

-Premio de 30 € > Susana > Sorteo en redes sociais.

As gañadoras e gañadores recibiron o premio de mans do presidente da ABE e poderán utilizalo nos mais de 200 empresas socias da patronal boirense.

En canto aos datos da campaña indicar que en total rexistráronse 2.469 tíckets de compra de 78 empresas diferentes, e entregáronse máis de 2.000 € en premios.

“Ao noso entender”, sinalou Daniel García, presidente da ABE, “a campaña foi un éxito xa que conseguir case 2.500 rexistros de tíckets de preto de 80 socios diferentes (dos que hai 12 do sector hostalería ) sendo a campaña por primeira vez totalmente dixital nos anima a seguir utilizando este método para futuras promocións”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.