Portos de Galicia traballa cos concellos nos trámites para a posible reversión ao Estado de arredor de corenta espazos que non teñen uso portuario

08 Setembro 2021

O ente público analizou as 22 solicitudes presentadas ata o momento polos distintos municipios costeiros galegos así como a posible tramitación doutras 18 instalacións menores de distintas localidades e non destinadas a fins portuarios 

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e a directora xeral de Administración local, Natalia Prieto, participarán na reunión do grupo de traballo conformado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para abordar cuestións relativas aos terreos portuarios de uso público das vilas mariñeiras. foto xoán crespo

O presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, mantivo hoxe unha reunión cos representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) no marco da mesa de traballo creada pola Xunta con esta entidade para abordar a posibilidade de reverter ao Estado espazos dos peiraos galegos que non teñen uso estritamente portuario buscando a posterior entrega polo Goberno central aos concellos. Neste sentido, a representante do ente dependente da Consellería do Mar trasladou aos integrantes da Fegamp que o Executivo galego está a traballar nos trámites para solicitar á Administración central a reversión de arredor de corenta espazos da súa titularidade que non teñen uso portuario.

Susana Lenguas, que estivo acompañada na reunión pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e por outros representantes do Executivo galego e do ente público, detallou que Portos de Galicia analizou as 22 solicitudes presentadas ata o momento por distintos concellos costeiros galegos así como a posible reversión doutras 18 instalacións menores da súa titularidade non destinadas a fins portuarios e situadas en distintas localidades.

A representante do ente público explicou que se trata dun procedemento extraordinario, complexo e moi amplo e que, por iso, se tramitarán todos os expedientes de xeito conxunto. Neste sentido, e para velar pola transparencia do proceso, o ente público abordou os criterios que se aplican para a valoración das solicitudes, dos que xa son partícipes os concellos inmersos neste proceso e que serán trasladados a todos municipios para o seu coñecemento e para que, aqueles que non o fixeron, poidan presentar as súas propostas de reversión de terreos antes do próximo 15 de outubro.

Unha vez recibida toda a información necesaria dos concellos, a Xunta trasladará aos correspondentes Gobernos locais as superficies que considera susceptibles de iniciar o trámite de reversión en cada caso e, cando os concellos dean a súa conformidade con esa proposta, avanzará nos trámites administrativos internos previos á remisión da solicitude de reversión dos terreos ao Executivo central.

No momento en que estean completados os trámites da Administración galega, será o Goberno central, mediante acordo do Consello de Ministros, o que deberá determinar que facer e tamén se os entrega aos concellos procedendo á súa desafectación como espazos de dominio público marítimo-terrestre.

Outros artigos

A mostra “Do mar e da terra” da Deputación pódese ver en Portosín

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Portosín acolle estes días a exposición Do mar e da terra, con entrada libre. Trátase dunha mostra itinerante impulsada pola Deputación da Coruña coa que se busca difundir exemplos concretos e reais de innovación, calidade,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...