Porto do Son reivindicou os mares limpos cunha gran xornada de recollida de plásticos en Aguieira

08 Setembro 2021

O sábado 4 de setembro tocou baixar á praia a prol do medio ambiente. Concretamente á praia de Aguieira, en Porto do Son, onde se desenvolveu unha Xornada de Concienciación Ambiental que contou coa presenza activa do deportista olímpico local Iago López Marra (un vello coñecido deste tipo de actividades de activismo e sensibilización, principalmente na praia de Coira, en Portosín) e dos tamén olímpicos Kahena Kunze e Jordi Xammar (medallistas os dous nos Xogos de Toquio), cuxa participación non só fixo posíbel unha meirande e máis diversa implicación de residentes e visitantes, senón que lle deu un extra visualizador nos medios e un maior potencial de sensibilización. A xornada veu da man da Concellería de Medio Ambiente de Porto do Son, en colaboración coa Real Club Náutico de Portosín, a Confraría de Portosín e máis a Escola de Surf As Dunas.

A xornada enmarcouse na campaña Infinitamente Natural, iniciada co arrinque do verán.

Iago López Marra explicou que “temos a gran sorte de viaxar por todo o mundo e ver a cantidade de lixo que se deposita en terra que ao final acaba no mar. É un tema que nos preocupa moito, porque o mundo que temos é un e non hai máis opcións. Estamos moi comprometidos con iso e tratamos de facer ver ás novas xeracións que o importante está por vir e que temos que coidar o medio ambiente e tratar de utilizar menos, que é o gran problema hoxe en día”.

Na xornada participaron ducias e voluntarias e voluntarios ambientais procedentes de todos os recantos do concello e de Galicia, principalmente. Para desenvolver o seu importante labor puxéronse a camiseta coa lenda Infinitamente natural, que o lema impulsado polo Concello para reivindicar os seus tesouros ambientais e, tamén, a importancia de coidalos e estender este coidado a toda a riqueza natural do planeta.

Outros artigos

Nebra celebra este sábado 7 de marzo a súa Festa do Cocido

A parroquia de Nebra (Porto do Son) vai celebrar este sábado 7 de marzo a súa Festa do Cocido. Será a partir das 14.30 horas no Local Veciñal de Nebra. Os prezos serán de 35 adultos para persoas adultos e de 15 para nenos e nenos (até 12 anos). Pódense conseguir...

+

Máis de 200 deportistas participaron no Xtosín Trail

Este 22 de febreiro celebrouse no concello de Porto do Son a edición 2026 do Xtosín Trail, unha das grandes probas deportivas da tempada no concello e no Barbanza. Achegou tres modalidades: o Trail de 21K, o Trail de 15K e máis a Andaina de 15K. Foi, en palabras da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.