Porto do Son enfía unha gran finde de celebracións coa culminación das Festas do Carme

10 Setembro 2021

Comezaron en Porto do Son, este 7 de setembro, as Festas do Carme, unha das grandes celebracións comarcais e galegas da tempada, non só polo completo do programa que cada ano confecciona o Concello (área de Cultura) senón tamén pola súa capacidade para sacar o mellor da confluencia entre tradición e modernidade (novas correntes de creación cultural).

A axenda desenvólvese entre os días 7 e 11 de setembro.

Este venres 10 é sen dúbida un dos días grandes da celebración, que ofrece a veciños e visitantes, pola noite, un dos seus concertos estrela: a cita con Luar na Lubre.

O grupo galego Luar na Lubre nunha imaxe promocional

-7 de setembro – Véspera

Canlebó de Camboño

MaloSerá ás 12.30 horas na praza de España

-8 de setembro – O Carme

Canlebó de Camboño

Misas ás 10:00h na Capela da Atalaia e ñas 12:00h no Xardín Portuario

As Lens ás 13:30h na Fachada Marítima

Narci Rodriguez ás 13:30h na praza de España (Rede Cultural da Deputación da Coruña)

Tarde para a cativada! De 16:30h a 20:30h, inchables e espuma no xardín do porto sonense.

Grupo “A Misela” ás 21:30h na Praza de España (será preciso inscrición previa entrada)

– 9 de setembro – O Loreto

Misas ás 9:00h, 10:00h, 11:00h, 12:00h, 13:00h, 19:00h e 20:00h na Capela do Loreto

Autorízase ir a comer ao Campamento do Loreto, mais por prevención fronte ao COVID19 (nota: non haberá sardiñada)

O son do Pote

-10 de setembro – San Roque

Canlebó de Camboño

Misas ás 10:00h e ás 12:00h na Capela da Atalaia

Loren Tevra ás 13:00h na Fachada Marítima

Luar na Lubre (será preciso inscrición previa entrada · Actuación pertencente á Política Lingüística da Xunta de Galicia)

(Teloneiros) Dequenvessendo

11 de setembro – A Caridade

Canlebó de Camboño

Misas ás 10:00h e ás 12:00h na Igrexa Parroquial

DJ Geno · Cabina Móbil e Discotecas Móbiles ás 13:00h na Fachada Marítima

Banda Cultural Vila de Noia ás 13:00h na Praza de España (O País das Bandas · Xacobeo 2021)

Festa da Auga con inchables acuáticos e espuma de 12:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30h no xardín do porto

Stormy Trucks ás 21:00h na praza de España

A cultura segue

O Concello de Porto do Son tamén compartiu con nós outras actividades culturais complementarias que se están a desenvolver nesta recta final do verán alén das Festas do Carme. Son as que citamos a continuación.

O 25 de setembro, ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, Malasombra Producións e A Laberca representarán en Porto do Son o espectáculo D.E.P., unha comedia sobre unha familia onde todos os integrantes levan as súas costas unha singular ristra de problemas e que conflúen “nunha noite ateigada de segredos inconfesábeis que acaban saíndo á luz”. Neste contexto aparecen elementos como unha corda, e unha lámpada e xanelas abertas, en inverno, ben abertas, e un coxín, e pan, un miolo de pan… E medo, moito medo. A cita será ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Porto do Son. Colabora o Concello de Porto do Son.

A maiores a sala de exposicións da Casa da Cultura acolle unha mostra de acuerelas, até o 30 de setembro, da artista Beatriz Fernández Ferrín. Poderase visitar até o 30 de setembro.

Amais, até o 10 de setembro pódese visitar a exposición de Pedro García Losada sobre o marisqueo na ría de Muros e Noia, na Axencia de Lectura de Portosín.

Por outra banda, este domingo 12 de setembro actuará en Porto do Son un dos artistas que máis ten contribuído a espallar e reivindicar a nosa lingua dentro e fóra de Galicia: Amancio Prada. Será ás 20.00 horas na praza de España (en caso de choiva no Auditorio Municipal). O músico do Bierzo (natural de San Pedro de Devesas, Ponferrada) contaranos neste concerto as súas experiencias ligadas á tradición musical galega, poñendo o foco no fondo e rico substrato común entre a súa terra leonesa, lindeira coa nosa, e a súa terra de adopción artística, creativa, sentimental e poética: Galicia. Trátase dun concerto abeirado ao Xacobeo 21-22.

Outros artigos

“As alumnas” de Culturactiva chega este sábado a Outes

O auditorio da Casa da Cultura de Outes acolle este sábado 2 a representación da obra teatral As Alumnas, de Culturactiva Producións, a partir das 20.00 horas. Dirixida a un público adulto, a obra trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

Saíron correndo do recuncho no que se agochaban. Era de elite e de privilexiadosescondidos, moitos deles, detrás da súa enorme ignorancia. Era un recuncho, un agocho demorto ferido, de loitador morto, de morto matado. Estaba na esquina, nesa esquina, na queti ou todos...