Patricia Torrado presenta o seu libro Don Carlos e o misterio dos lucecús na Pobra do Caramiñal

28 Setembro 2021

O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal vai dar acollida este 1 de outubro á presentación do libro Don Carlos e o misterio dos lucecús, da escritora sonense Patricia Torrado Queiruga. O acto, que dará comezo ás 20.00 horas, desenvolverase en colaboración con Baía Edicións e a Asociación Cultural Barbantia.

Ademais da propia autora, intervirán a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), a escritora Fina Casalderrey e a editora Belén López.

As prazas cubriranse pola orde de chegada ata completar a cabida e seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Argumento (Baía Edicións)

Na vila comezan a xurdir sucesos inexplicábeis e, por se fose pouco, na casa contáronlles que o seu profesor, o único que os podería axudar a buscar unha explicación a tanto misterio, padece unha enfermidade que lle fai esquecer as cousas.

Xiana, Maca, Román, Sofía e Afonso convídante a desentrañar cada misterio coa axuda de don Carlos. Unhas pescudas que vos levarán a valorar o lugar no que vivides, o medio ambiente, as tradicións, o amor e os prexuízos cos que podemos atoparnos todos os días. Acompáñasnos?

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.