Para Ribeira licitado o mobiliario e equipamento do punto de encontro familiar

08 Setembro 2021

A Xunta de Galicia publica hoxe na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación do mobiliario e equipamento para o punto de encontro familiar que o Goberno galego poñerá en marcha en Ribeira. O orzamento para a adecuación deste novo servizo para as familias do Barbanza  é de 32.500 euros.

O Concello de Ribeira converterase deste xeito no primeiro de Galicia en contar cun Punto de Encontro Familiar fóra das sete cidades. Será un servizo destinado a atender ás veciñas e veciños de toda a comarca, que agora se teñen que trasladar a Santiago para realizar estas visitas.

Ademais, dentro da estratexia da Administración autonómica para ampliar este servizo, o horario dos centros incrementouse para poder cumprir coas medidas xudiciais e atender os protocolos de prevención fronte á covid-19. Este punto permitirá que as nais e pais separados ou en trámites de separación do Barbanza realicen as visitas que lles corresponden dun xeito seguro.

Cómpre recordar que a Administración autonómica adxudicou en xuño á empresa pontevedresa Actividades de Construcción, Edificaciones y Viales, SL (Acevi) a obra de construción do novo Punto de Encontro Familiar (PEF) de Ribeira. O prazo de execución dos traballos é de catro meses, polo que se estima que o centro estará listo para a súa apertura neste último trimestre do ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.