Os traballos do Obradoiro Tahume VI contribuíron á mellora de infraestruturas e servizos en Ribeira e O Son

27 Setembro 2021

A nova actividade formativa de emprego impulsada polos Concellos de Ribeira e Porto do Son, o Obradoiro de Emprego Tahume VI, chegou a semana pasada á súa conclusión. Fíxoo logo de 9 meses de contidos formativos e actividades prácticas a pé de campo, tanto para a especialidade de conservación e mellora de montes como para a de carpintaría e móbel. Ao longo deste tempo tiveron oportunidade de desenvolver traballos concretos de mellora de equipamentos e servizos para ambos municipios, como por exemplo a renovación da varanda de madeira na fronte do areal da Corna, en Palmeira, ou o acondicionamento dos montes de Aguiera (Porto do Son) con vistas a reducir o risco de incendios forestais. Aínda que resta a confirmación definitiva, a iniciativa de emprego terá continuidade cunha nova colaboración dos dous concellos para impulsar un obradoiro envorcado nos pavimentados de estradas e outro en albanelaría.

Traballos despregados os meses pasados na praia da Corna

No remate oficial da sexta edición do obradoiro, celebrada na Casa da Cultura de Xuño, participaron os 20 alumnos participantes, recibindo cadanseus títulos nun acto no que tamén interviron os rexedores dos dous concellos, Luis Oujo (Porto do Son) e Manuel Ruiz (Ribeira), amais da directora do obradoiro, Estefanía Ordóñez, e a xefa territorial de Emprego, Judith Fontenla, quen destacou que este tipo de actividades téñense situado como unha das máis eficaces ferramentas para fomentar a emprebabilidade, alén das importantes vantaxes que mobilizan tamén para os concellos.

Amais, Luis Oujo destacou as relevantes oportunidades laborais que poñen en xogo estes obradoiros: “No ámbito da empresa do que eu procedo, o mundo dos obradoiros non tiña boa prensa, e agora comprobei que non é así, xa que se pon en xogo unha alta capacitación para que os participantes poidan entrar a traballar en calquera empresa ou mesmo poñerse a desenvolver o seu labor de maneira autónoma”. Pola súa parte, a directora do Tahume fixo unha proclama ás empresas para que contraten ao alumnado que participou no obradoiro, e fixo un repaso polas axudas ás que poden acceder as firmas da nosa comarca para cubrir este proceso de ampliación de persoal.

Peche oficial das actividades do Tahume VI

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.