Clausura do Obradoiro de Emprego Tahume VI

24 Setembro 2021

A Casa de Cultura de Xuño deu cabida esta mañá ao acto de clausura do obradoiro de emprego Tahume VI, coas especialidades Traballos de carpintería emoble” e “Actividades auxiliares en conservación e mellora demontes”.
En total foron vinte os alumnos e traballadores que están cursandoeste programa mixto de emprego e formación, dez en cada unha dasespecialidades, durante un período de nove meses.
No acto participaron os alcaldes de Porto do Son e Ribeira, Luis Oujo e Manuel Ruiz, ademais da delegada territorial de Emprego e Igualdade, Judit Fontela, e do xefe de servizo de coordinación administrativa e xestión económica, Pedro Pablo Lorenzo, ademais da directora da escolla taller, Estefanía Ordóñez.
A colaboración de ambos municipios prosegue cun novo obradoiro xa en marcha sobre albanelería denominado Serra do Barbanza e a próxima posta en marcha o mes que vén do Tahume VII.
Por outra parte, coa fin de contribuír á inserción do alumnado formado no Tahume VI acaba de un prazo para que as empresas que estean interesadas poidan contratalo con subvencións por traballador de 1.500 euros para un mínimo de tres meses.
Tras a entrega de diplomas, os comparecentes puideron degustar uns pinchos preparados por outro obradoiro de emprego: O Pote II, radicado na Escola Municipal de Hostalería de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.