“Os prezos da enerxía” – José Manuel Pena

01 Setembro 2021

Mentres continuamos co proceso de transición enerxética cara a enerxías limpas, a maioría dos cidadáns seguimos pagando as consecuencias dunha evidente carencia de políticas enerxéticas eficaces por parte das nosas Administracións Públicas.

No 2001, a propia Unión Europea xa alertaba sobre a necesidade do emprego das enerxías renovábeis. No noso país, a solar e a eólica son das máis importantes e en Galicia a instalación de aeroxeradores crearon numerosos parques eólicos pero en ningún caso serviron para paliar o aumento abusivo e inxusto dos prezos da enerxía e para eliminar a pobreza enerxética.

Unha parte importante de serras e montes galegos acollen a instalación de muíños, desde hai moitos anos, subvencionados con diñeiro público. Algúns instalados grazas ás negociacións cos veciños totalmente desinformados e coas Administracións actuando en conivencia coas empresas, coa ameaza da expropiación dos terreos.

Os veciños descoñecen a riqueza que xeran os muíños de vento instalados nos límites municipais e moitos concellos non reverten dunha maneira directa sobre os veciños eses recursos que poderían paliar ou minorar o custo da factura da luz das familias.

As mancomunidades de municipios e as comarcas terían que unir os seus intereses para sacar beneficios, que redunden nos veciños, da riqueza xerada polos parques eólicos en chan público.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...