O Trofeo de Outes celebrarase esta fin de semana

16 Setembro 2021

O TROFEO CONCELLO DE OUTES TERÁ LUGAR ESTA FIN DE SEMANA. CIDADE DE RIBEIRA, ABANQUEIRO, OUTES E CORDEIRO DARANSE CITA NO CONCHIDO

Pedro Pérez.- Esta fin de semana voltará o fútbol modesto á comarca do Barbanza, co Trofeo Concello de Outes. A cita terá lugar esta fin de semana no Campo do Conchido e daranse cita o Cidade de Ribeira da Primeira Autonómica, Cordeiro, da mesma categoría, Abanqueiro da Segunda Autonómica e o equipo anfitrión, o Outes da Segunda Galega tamén.

O torneo arrancará o sábado coas dúas semifinais, a primeira será a disputada polo Cordeiro e o Cidade de Ribeira a partir das 18 horas, mentres que a segunda será ás 20 horas entre o Outes e o Abanqueiro. A gran final está marcada para o domingo ás 19 horas, na cal se decidirá quen se alzará co Trofeo Concello de Outes.  Este torneo amigable servirá para que os catros equipos se sigan preparando de cara ao inicio da competición, que no caso da primeira galega será o 10 de outubro. O Cidade de Ribeira xa disputou un amistoso fronte ao Noia B que se saldou cun triunfo dos ribeirenses por 3-0. Espérase unha gran entrada como motivo deste tradicional trofeo nunha vila na que o fútbol modesto segue moi presente.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.