O sindicato FAC USO cuestiona que Boiro convocase unha praza de Oficial da Policía Local, por promoción interna, á marxe do proceso selectivo

10 Setembro 2021

A Federación de Atención á Cidadanía da UNIÓN SINDICAL OBREIRA en Galicia ( FAC USO Galicia) comunica que no BOE non 172, de 20/07/2021, saíra publicada a convocatoria dunha praza de Oficial da Policía Local do Concello de Boiro.
FAC USO critica que o consistorio boirense aínda non se adheriu ao Convenio coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local (DOG non 222, de 22/11/2017).
FAC USO engade que nesa convocatoria para prover esa praza de Oficial, en quenda de promoción interna, acaba de aprobarse a lista provisional de admitidos e excluídos (BOP A Coruña non 168, de 03/09/2021), de acordo ás bases (BOP A Coruña non 125, de 06/07/2021).

O sindicato FAC USO lembra que non estamos ante unha novidade, porque, hai xa meses, Boiro convocou tres prazas de policía local igualmente á marxe da convocatoria unitaria da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Outros artigos

Un motorista resultou ferido tras colidir contra un coche en Rianxo

Un motorista resultou ferido este mediodía en Rianxo tras colidir contra un coche no quilómetro 9 da estrada AC-305, á altura da parroquia de Asados. Segundo a información facilitada polos servizos de emerxencia, o home chegou a permanecer inconsciente despois do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Non se apunta ninguén”. Luís Celeiro

“Non se apunta ninguén”. Luís Celeiro

Todos ou ninguén. Non se sabe quen perdeu as eleccións e tampouco se sabe como será o asuntodespois dos pactos, dos acordos, de cumprir e de renunciar. Todo está no aire, aclarando queaqueles, aos que lles gusta non asentar os pés na terra, están de noraboa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.