O PSOE de Ribeira pide eliminar os lixos do espazo verde da rúa de Correos

23 Setembro 2021

O grupo socialista de Ribeira vén de presentar un rogo relativo ao estado no que se atopa a confluencia da rúa Correos coa rúa Marcial de Adalid, onde existe un espazo verde que está a ser utilizado de depósito de lixo e vulnerado cun aporte continuo de botellas, plásticos varios, latas conserva ou tapers, “desperdicios de variada índole que afean o lugar e desprenden cheiros que afectan aos viandantes habituais desta zona do centro urbano de Ribeira”, sinala a agrupación.

O PSOE tamén o foco nas pintadas dos edificios circundantes, pintadas que son extensíbeis a outras zonas do centro de Ribeira (rúa Otero Pedrayo, praza dos Mariñeiros, etc) e que cómpre eliminar para non seguir prexudicando a imaxe de Ribeira, comentan. O PSOE require que “por parte de quen corresponda se dea orde da retirada do lixo amoreado na rúa de Correos e se proceda á limpeza do espazo verde para eliminar este foco pestilente”. Asemade, solicitan que se efectúe o borrado das pintadas “que tanto afean a nosa cidade”.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.