O Noia empatou 1-1 na súa visita ao Sofán

27 Setembro 2021

PP.- O Noia e o Sofán firmaron táboas na terceira xornada da Terceira División. Os de Iván Carril foron mellores durante gran parte do encontro e adiantáronse antes de chegar ao descanso, pero a falta de 20 minutos os locais poñerían o definitivo 1-1 no marcador nun duelo con alternativas. O empate é un resultado xusto para o visto sobre o terreo de xogo.

Arrancaba o encontro no Carral entre o Sofán e o Noia, que a pesares de ser a xornada 3, situábase como un encontro clave para o futuro da competición e na loita pola permanencia. Os primeiros minutos foron de continuas imprecisións, xogo directo e moita loita no centro do campo, en gran parte condicionado polas dimensións do terreo de xogo. Aínda así, o Noia, acostumado a ter máis o balón e apostar por un estilo máis combinativo, gozou das mellores ocasións para adiantarse, e a piques de chegar ao descanso, no minuto 36, logo dunha gran xogada entre Pablo Carro, Prol e Hugo García, Jesús Sayés rematou á rede para bater a Julián e poñer o 0-1, resultado co que se chegaría ao descanso.

Xa na segunda metade, o Sofán mellorou e foi moito máis vertical, e logo dun par de ocasións, Paulo aproveitaría un centro desde a dereita para poñer o definitivo 1-1 no marcador. Iván Carril moveu o banquillo coa entrada de Anxo, Tato e Ferreiro, pero o marcador non se movería.

A vindeira xornada, o Noia recibe ao Ponteareas que vén de realizar un espectacular arranque ligueiro ao sumar 7 puntos dos 9 posibles.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.