O Mago Antón fai este sábado unha parada en Boiro na súa xira polos 313 concellos galegos

07 Setembro 2021

O Mago Antón vai visitar Boiro este sábado 11 de setembro, ao abeiro do programa Verán Cultural 2021 impulsado polo Concello. Farao co espectáculo A Volta a Galicia en 313 concellos. As funcións serán entre as 12.00 e as 23.00 horas, na praza de Galicia. O aforamento, por mor da COVID, será novamente limitado. A reserva de entradas deberá facerse no propio lugar do espectáculo antes de cada función.

O espectáculo

A visita a Boiro do mago Antón encádrase nunha xira emprendida en 2018: unha nova aventura no magomobil coa idea de achegar a maxia a todos os concellos de Galicia.

O magomobil é un vehiculo deseñado para a presentación de espectáculos de maxia. Inclúe diferentes funcións en horario de mañá e tarde, todas elas de arredor de 45 minutos e dirixidas a todo tipo de público (de todas as idades e moi axeitado para grupos familiares: netos, pais avós..), nas que se suceden a un ritmo trepidante unha ducia de xogos de maxia, todos eles de creación propia do Mago Antón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.