O legado da poeta Xela Arias chega á Pobra da man dun contacontos ilustrado

13 Setembro 2021

A agrupación Polo Correo do Vento ofrecerá no 20 de setembro o contacontos ilustrado e musicado Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Será no Cantón da Leña, ás 18.30 horas, e, en caso se choiva, trasladarase ao teatro cine Elma.

Trátase dunha das actividades postas en marcha por parte da Concellaría da Normalización Lingüística da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), con motivo do Día das Letras Galegas, e que se tivera que adiar.

A proposta, segundo sinala a dita Concellaría, “está pensada para o público máis novo coa finalidade de promover a lectura, a comprensión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística das crianzas”. Deste xeito, contarase e debuxarase simultaneamente a biografía da escritora.

As inscricións deberán realizarse a través do enderezo electrónico normalizacion.linguistica@apobra.gal, indicando nome, apelidos, número de prazas e teléfono de contacto. Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.