O Grupo Socialista esixe á Xunta que garanta a continuidade de planta de residuos de Lousame

02 Setembro 2021

A voceira de Medio Ambiente do grupo Socialista, Paloma Castro, e a deputada Noa Díaz, veñen de presentar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para esixir á Xunta o seu compromiso co futuro do Complexo de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) da Mancomunidade de concellos da Serra do Barbanza (Lousame, Noia, Porto do Son, Muros, Carnota e Brión), unha entidade cuxa concesión remata o vindeiro 2023. A través desta proposta quérese que a Xunta garanta a continuidade da planta, dos postos de traballo e do modelo que representa en materia de tratamento de lixo (un modelo directamente encamiñado á reciclaxe, non á incineración).

Paloma Castro lembra que “o PSdG sempre apostou por esta planta, poñendo en valor o emprego que xera na comarca e a reciclaxe en proximidade, menos contaminante que outras plantas que operan en Galicia”. Nesta liña, puxo en valor que “na actualidade a taxa de reciclaxe dos municipios asociados a Lousame é de 17 quilos por habitante e por ano, o que supón 5 puntos por riba da taxa galega”.

En contraposición a estas cifras, Paloma Castro denunciou o “claro incumprimento por parte do goberno galego dos obxectivos do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia (2011-2022)”. Ese plan, dixo, “establece entre os seus obxectivos impulsar a xestión de residuos domésticos en Galicia cara a un escenario máis sustentábel, mediante a creación de 11 plantas de proximidade ao longo de todo o territorio”. Segundo comentou, “a día de hoxe só hai 3 proxectadas, e unha funcionando no complexo de SOGAMA”.

Paloma Castro sostén que o goberno da Xunta “ten que mudar a súa política negativa e de confrontación fronte a Lousame e colaborar no impulso desta planta para facilitar a súa continuidade”. Desta maneira, conclúe, “tamén se avanzará na necesidade de cumprir no ano 2023 as esixencias da UE de acadar o 50% de reciclaxe de materia orgánica”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.