O Concello de Dodro convoca a edición 34 do seu histórico Premio de Poesía adicado ao escritor local Eusebio Lorenzo Baleirón

09 Setembro 2021

O Concello de Dodro celebra o XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2021, un dos certames literarios máis antigos da nosa lingua, cuxo obxectivo é honrar a memoria do poeta Eusebio Lorenzo Baleirón- natural de Dodro- e contribuír á reafirmación da lírica e cultura galega. O Concello lembra que “anualmente convoca un número importante de autores/as consagrados/as das nosas letras e de poetas emerxentes”.

O premio está dotado con 2.500 euros e o Concello de Dodro comprométese, ademais, a publicar a obra gañadora dentro do ano 2022, nunha editorial de recoñecido prestixio.

As bases para participar neste certame foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 125, do martes 6 de xullo de 2021 e están dispoñibles para consulta na páxina web municipal.

O prazo de presentación das obras candidatas remata o vindeiro 8 de outubro.

Posteriormente daranse a coñecer publicamente as persoas, de recoñecida obxectividade e competencia no xénero da poesía e na critica literaria, que compoñen o xurado nesta edición.

A elección do poemario gañador terá lugar o 6 de novembro e o acto de entrega, oficial, do premio celebrarase o día 11 de decembro, no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.