O Concello de Boiro selecciona alumnado para obter o certificado do nivel 1 de operacións básicas de cociña

28 Setembro 2021

O Concello de Boiro ofrece formación nas materias de Operacións básicas de cociña e Operacións básicas de restaurante e bar de nivel 1. Estes actividades corresponden ao plan de Accións Formativas para Desempregados (AFD) que se vai desenvolver mediante unha subvención ao abeiro do plan local polo emprego. Os dous cursos son de nivel 1 e están dirixidos a persoas traballadoras desempregadas.

A formación inclúe módulos transversais para a inserción laboral, a sensibilización ambiental e a igualdade de xénero e tamén sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. O curso inclúe un módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas.

O 22 de outubro comeza o curso para acadar o certificado de profesionalidade en Operacións básicas de cociña, de 368 horas de duración e no que poden participar un máximo de 15 alumnos e alumnas. Para participar, as persoas interesadas deben inscribirse como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

O Concello de Boiro ofrece esta oferta formativa ao abeiro dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Toda a información sobre os cursos AFD que ofrece o Concello de Boiro no departamento de Orientación Laboral, de xeito presencial na Casa Consistorial, a través do enderezo electrónico orientacion.laboral@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 09.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.