O comité clínico dá o visto bo ao novo Plan de lecer nocturno de Galicia

29 Setembro 2021

Os establecementos do sector poderanse acoller a dous niveis, segundo o número de medidas e boas prácticas que apliquen.

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de dar o visto bo ao Plan de lecer nocturno de Galicia, elaborado conxuntamente pola Xunta e os representantes do sector.

Deste xeito, e á espera de que Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifique as medidas que contempla o protocolo, os locais de lecer nocturno poderanse adherir a dous niveis, segundo o seu nivel de compromiso na aplicación de medidas sanitarias adicionais, e en función das boas prácticas que leven a cabo.

Do mesmo xeito que o protocolo recentemente aprobado para o sector da hostalaría, este novo Plan para o lecer nocturno pretende crear un marco de estabilidade para o sector, establecendo niveis de compromiso independentes da situación epidemiolóxica de cada concello.

Así, no nivel 1 de compromiso -unha cunchiña-, establecerase o 50% de aforo no interior dos locais e o 75% no seu exterior. Neste nivel básico, o horario límite de peche ao público será ás 3 horas da madrugada e o persoal traballador deberá realizar un curso formativo de dúas horas de duración.

No nivel 2 de compromiso de respecto das medidas covid -dúas cunchiñas-, fíxase unha capacidade máxima do 75% de aforo no interior dos locais e do 100% nas súas terrazas. Así mesmo, para acceder aos locais deberase presentar a certificación de vacinación covid completa, certificados de proba negativa recente ou ter superado a enfermidade. O horario límite de peche ao público será ás 4 horas da madrugada e, en materia de formación, o persoal deberá realizar un curso de catro horas de duración.

O novo Plan de Lecer nocturno de Galicia, tamén contempla un terceiro nivel extraordinario de medidas, que estaría vencellado a unha eventual gravidade da situación epidemolóxica e da ocupación asistencial dos centros sanitarios galegos. Este nivel só sería aplicable en caso de decidilo as autoridades sanitarias. De selo caso, os establecementos só poderían ter un aforo do 50% nas terrazas, sempre cos clientes sentados nas mesas. O horario de peche sería á 1 da madrugada.

En todos estes niveis, deberanse cumprir o conxunto de medidas hixiénico-sanitarias establecidas con carácter xeral, e entre as que se atopan: o uso obrigatorio da máscara, gardar a distancia de seguridade, garantir a limpeza e desifección periódica do local e do seu equipamento, así como a renovación do aire e o control dos niveis de CO2. O cumprimento das medidas do novo Plan de Lecer Nocturno de Galicia serán supervisadas polos inspectores da Dirección Xeral de Saúde Pública.

Niveis de restricións nos concellos e vacinación en centros sociosanitarios

Na xuntanza do grupo de expertos que asesora á Xunta na xestión da pandemia provocada pola covid-19, tamén se acordou non modificar os niveis de restrición dos concellos galegos. Así, ficarán unicamente en nivel medio os municipios de Foz e o Barco de Valdeorras.

Os restantes de concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

Por outra banda, e no que atinxe á campaña de vacinación contra a covid-19 da Xunta de Galicia, Sanidade vén de rematar a administración das terceiras doses no conxunto de centros sociosanitarios pertencentes ás áreas de Santiago de Compostela-Barbanza, Ferrol, Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Vigo e Pontevedra-O Salnés. Ademais, na xornada hoxe rematará a vacinación na área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e, o vindeiro venres, completaráse a vacinación nas residencias da área sanitaria da Coruña e Cee.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nélida Piñón, eterna”. Alberto Barciela

“Nélida Piñón, eterna”. Alberto Barciela

Nélida Piñón fue, debería decir es, un ser de realidades inusitadas, desacostumbradas al menos. Pervive en su obra inmensa, en sus obras, en sus archivos, y sobre todo en el cariño de sus amigos, en el recuerdo de sus admiradores, en la evocación permanente de los...