O BNG de Outes require arranxos urxentes para a Piscina Municipal

16 Setembro 2021

O BNG de Outes vén de achegar un comunicado relativo ás instalacións deportivas da Piscina Municipal, que recibiu a visita de María Xosé Suárez Castro (voceira municipal do BNG) e Saúl Suárez del Río (delegado de deportes do BNG) para mostrar in situ os elementos que, a xuízo da agrupación, cómpre mellorar. Segundo fixeron saber, “é patente o abandono total destas instalacións e a necesidade urxente de acometer arranxos na infraestrutura”.

María Xosé Suárez sinalou que “non ten sentido gastar máis de 120.000€ en vinte ventiladores no pavillón polideportivo de Roo mentres unha infraestrutura tan boa, necesaria e empregada como a piscina ten goteiras no seu interior e unha maquinaria que precisa mantemento de maneira urxente”. Tamén foi crítica co Goberno local, ao que acusa de incumprir dous puntos principais da moción presentada polo BNG no 2019 na que se recollían os seguintes acordos: a contratación de persoal de sala, a ampliación do horario ao mediodía e a apertura do ximnasio no mes de agosto.

Pola súa parte, Saúl Suárez del Río declarou que “o Goberno de Outes ten que poñerse as pilas e planificar debidamente as actividades deportivas da Piscina Municipal e promocionalas. Non é normal que a 15 de setembro non haxa un listado dos cursos que ofrece e unha páxina web actualizada e dedicada a ofrecer información ao respecto”.

Tamén aproveitou a ocasión para esixir que, “coa situación sanitaria actual”, sexa retomado o acceso libre as instalacións deportivas do Cunchido “que ate o momento se mantiñan pechadas ao público xeral coa escusa da pandemia”, comentou.

Outros artigos

O Goberno de Outes presenta o proxecto de orzamentos para 2024

O Goberno de Outes presentará este xoves 25 de abril o proxecto de Orzamentos de 2024 ao pleno da Corporación municipal para a súa aprobación. Segundo destacou o alcalde, Manolo González, trátase duns orzamentos equilibrados e racionais e que pretenden atender as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...