O BNG apoia as peticións das ANPAs e solicita á Xunta que paralice os recortes en educación

23 Setembro 2021

O BNG mostrou nun comunicado o seu apoio ás reivindicacións da comunidade escolar de Ribeira, nomeadamente ás ANPAs e ao profesorado dos centros afectados polos recortes de Educación. Segundo fai saber o concelleiro de Ribeira Luis Pérez Barral “é imprescindíbel que haxa o mesmo número de docentes que no curso 2020-2021, que a Consellería de Educación, cando menos, manteña os mesmos desdobres autorizados en todos os niveis educativos o curso pasado e que se reforcen os cadros de persoais para reducir as proporcións máximas por aula”.

Pérez Barral denunciou que mentres os centros públicos “teñen cada vez menos recursos”, e “desde que goberna o PP incrementouse nun 5,5% o profesorado do ensino privado e reduciuse en case un 5% o profesorado do público”. Sobre o presente curso, asegurou que 2en Ribeira imos padecer o brutal recorte de 11 profesores no IES Nº1, a redución de dúas unidades no colexio de Palmeira e o recorte dun profesor no colexio de Aguiño, ao que cómpre engadir que no colexio de Artes hai vacantes que non se cobren”. 

Ao se parecer, “as consecuencias dos recortes van a ter graves implicacións pois provocará unha perda importante de calidade educativa, aumentan as proporcións con aulas masificadas, pérdense agrupamentos, redúcese a atención á mocidade á diversidade e á rapazada con dificultades e mesmo existe unha redución das materias optativas”.

O BNG criticou tamén ao alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, porque consideran que non sumou a súa voz ás reivindicacións contra os recortes, polo que lle piden “que, como máximo responsábel do Concello, ten a obriga defender os intereses da veciñanza de Ribeira por riba dos intereses do Partido Popular”. E engaden: “Preguntámonos que é o que fixo a concelleira de Educación até o momento para defender os centros educativos do concello de Ribeira, porque non temos constancia de que en ningún momento saíse publicamente a apoiar as xustas demandas da comunidade escolar, por iso pedimos o seu cese ou dimisión inmediata”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...