O alcalde de Ribeira participou en Málaga no foro GREENCITIES & S- MOVING 2021 de intelixencia e sostibilidade urbana

30 Setembro 2021

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, vén de participar na undécima e terceira edición respectivamente do foro Greencities e S-Moving, uns dos encontros nacionais de referencia no desenvolvemento de territorios intelixentes, sostibles, eficientes e conectados. O evento, que tivo lugar os días 29 e 30 de setembro reuniu a 1.560 visitantes.
Manuel Ruiz defendeu o papel das pequenas cidades, como Santa Uxía de Ribeira, no reparto dos fondos Next Generation, destinados a acadar unha mobilidade sostible e segura. O rexedor aposta polo emprego de vehículos eléctricos e o aluguer de bicicletas e patinetes para reducir a contaminación atmosférica, así como pola instalación
de electrolineiras urbanas.
Ruiz quixo facer referencia á EDUSI, cofinanciada con fondos FEDER, que se destinarán entre outras accións para lograr pasos de peóns máis seguros a través de solucións smart.
O alcalde falou dunha realidade que, máis que un futuro próximo, é un presente. Lembrou que Ribeira está integrada no Obxectivo 2030 dentro do pacto de alcaldes. Por último, Ruiz, salientou que as medidas na loita contra a pegada de carbono deberían estar fóra do debate político e fixo un chamamento a que tódolos alcaldes remasen na mesma dirección.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.