Na Pobra o Concello reforza o hábito da compostaxe nos fogares con outro medio cento de recipientes

03 Setembro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal vén de pór en marcha a terceira campaña de compostaxe doméstica que suporá o repartimento de 50 novos recipientes para residuos orgánicos. Con esta medida, dáse continuidade ao proxecto da compostaxe no municipio impulsado dende a Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra).

A adquisición desta terceira remesa está financiada cunha subvención de 13.630’63 euros da que resultou beneficiaria a Administración local, ao abeiro das axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico na convocatoria de Residuos 2020 (PIMA e PEMAR), que coas liñas de compostaxe pretende “reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e mellorar na consecución do Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos (PEMAR)”.

Medio Ambiente da Pobra informou que as persoas que desexen participar dispoñen ata finais de ano para formalizar a súa solicitude a través do rexistro, de xeito preferíbel por vía telemática.

Entre os requisitos figuran: vivir de forma habitual no concello da Pobra do Caramiñal; dispor dun terreo (xardín, horta) cunha superficie mínima de 25 metros cadrados; e permitir o seguimento da compostaxe, previa cita, unha vez que se facilite o material.

Cómpre indicar que xa se distribuíron polo termo municipal un total de 110 composteiros domésticos mediante as dúas campañas previas. A primeira estivo financiada coa convocatoria de Axudas Residuos 2019 PIMA Residuos e PEMAR do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico; mentres que a segunda se atopaba ao abeiro da convocatoria da Orde de 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, co-financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...