O luns abre o prazo para axudas de vehículos eléctricos e estacións de recarga

12 Setembro 2021

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Instituto Enerxético de
Galicia (Inega), abrirá mañá luns, 13 de setembro, o prazo de presentación de solicitudes á convocatoria de axudas do Moves III, o programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica que asigna 22,7M€ para a Comunidade galega. Así, os particulares, comunidades de propietarios, empresas e entidades locais que estean interesados en adquirir un
vehículo eléctrico ou implantar unha infraestrutura de recarga poden formalizar a súa petición ata o 31 de decembro de 2023.
Trátase dunha convocatoria de concorrencia non competitiva, polo que as axudas concederanse por orde de chegada. Estas solicitudes tramitaranse a través de entidades colaboradoras adheridas: concesionarios, no caso de adquisición de automóbiles, e instaladores de baixa tensión para a implantación de infraestruturas de recarga. A este respecto, aínda continúa aberto o prazo de presentación solicitudes para todos os organismos que queiran actuar como colaboradores.
Como novidade, a nova convocatoria do Moves inclúe este ano dúas únicas liñas. A primeira delas ten como obxectivo fomentar a adquisición de vehículos eléctricos, híbridos enchufables ou de pila de combustible. Neste caso, as axudas oscilarán entre os 700 e os 9000 euros por automóbil en función do tipo de solicitante, características do vehículo ou
uso, entre outras cuestións. Así, a compra de motocicletas e cuadriciclos apoiarase con axudas de ata 2000 euros; os turismos recibirán ata 7000 euros; e as furgonetas poden chegar aos 9000 euros. Os particulares só poderán dispoñer de apoios para a compra dun vehículo, mentres que o resto de beneficiarios –entre os que se encontran autónomos e
pemes– poden solicitar ata 50 por ano –fronte os 30 de límite na anterior edición–.
A segunda liña do Moves III diríxese á implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos, con axudas de entre o 30% e o 80% do custo subvencionable en función do tipo de solicitante, potencia, ou localización en concellos de menos de 5000 habitantes. Deste xeito, a axuda máxima duplícase con respecto a anteriores convocatorias, onde era do 40%.
Con estes apoios, a Xunta agarda favorecer en Galicia un aforro económico anual de 2,3 millóns nos custos de combustible e conseguir unha redución de CO2 equivalente a plantar 186.000 árbores. Deste xeito, as axudas contribuirán a seguir avanzando na descarbonización do transporte, reducir os custos enerxéticos dos propietarios de
vehículos e fomentar unha rede pública e privada de puntos de recarga.
As dúas convocatorias anteriores do programa Moves xa permitiron destinar preto de 6M€ para apoiar un total de mil proxectos de mobilidade eléctrica. A maiores, grazas ás axudas dos Plans de transición a unha mobilidade eficiente promovidos pola Xunta de Galicia, facilitouse a adquisición de 750 vehículos de baixo consumo e baixas emisións.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...