Latexo Percusión organiza este mércores unha aula aberta de batucada en Ribeira

21 Setembro 2021

Coincidindo co comezo do curso, Latexo Percusión está a preparar unha xornada en Ribeira para informar das súas aulas regulares e as súas actividades formativas de batucada. A cita será este mércores 22 de setembro a partir das 17.30 horas na explanada do porto. O obxectivo, segundo sinalan dende esta iniciativa de dinamización e formación musical, é “chamar a atención de todas aquelas persoas que poidan estar interesadas, ofrecendo información sobre a escola e o proxecto, así como un pequeno obradoiro aberto de batucada”.

As persoas que queiran achegarse terán a oportunidade de “saborear de primeira man a sensación de tocar dende cero algúns dos ritmos básicos da percusión afrobrasileira que se traballarán durante o curso, colgarse un dos instrumentos típicos deste estilo de música e desfrutar dun bo rato vivindo unha experiencia en grupo”.

As aulas comezarán en outubro e terán lugar na Sala La Real os mércores pola tarde, en distintos horarios: ás 17:00h, 18:30h e 20:00h. As prazas son limitadas e os grupos organizaranse en función das persoas inscritas. Máis información da xornada e inscricións na páxina web de Latexo e a través do correo electrónico latexopercusion@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.