Intecmar apraza o inicio da campaña marisqueira na ría de Noia. O luns faranse novas análises

17 Setembro 2021

O Intecmar decretou esta tarde o peche cautelar dos bancos marisqueiros de Noia despois de analizar as probas tomadas na ría e ante as previsións de aumento da presenza de biotoxinas na auga. O inicio da campaña estaba previsto para este luns 20 de setembro.

O ascenso dos niveis nos últimos días da marea vermella afectou ao sector marisqueiro das ríaas estas últimas semanas, sobre todo a de Arousa. A iso unense as condicións meteorolóxicas que contribuíron a unha perda enorme de cría de berberecho.

Fontes da Confradía de Noia estiman que case un 50 % da cría de berberecho morreu durante este inverno. A pesar da alta mortalidade, as reservas de bivalvo de talla comercial puideron manterse. Non foi así coa ameixa xapónica e babosa. Como consecuencia o Intecmar informou esta mesma tarde do peche cautelar dos bancos da ría de Noia.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.