Incendio en Palmeira. Arde parcialmente un alpendre

Pasadas as catro da tarde do domingo rexistrouse un pequeno incendio no lugar de Brañal en Palmeira.

O lume afectou a un alpendre e orixinouse despois de que os residentes fixeran unha grellada deixando unhas brasas que afectaron á leña e o tellado do alpendre.

O lume foi controlado polos propios veciños que axudaron o matrimonio maior e na operación de extinción interviron tamén os bombeiros de Ribeira e a policia local .