III Regata ALCA. Chispetren, Camping Ria de Arosa e Orlando, gañan a 2ª proba.

27 Setembro 2021

Celebrada este pasado sábado en augas de Arousa e organizada polo Club Náutico Arousa Norte,
dábase a saída puntual (14:00h) conxuntamente para as tres clases preto do peirao comercial de Pobra,
cun percorrido aproximado dunhas 12 millas para os Regata e Crucero/Regata, e dunhas 8
millas para os cruceiros. Cun vento do sur/suroeste de entre 8 e 10 nós de intensidade, a flota
tomaba a baliza de desmarque para poñer rumbo cara á illa de Rúa, onde os cruceiros viraban e
regresaban a Pobra, e as demais clases seguían ata o sinal do Castro (Aguíño).

Na clase regata, desde o pistoletazo de saída víronse duelos espectaculares, o Santanas de José M.
Millán (CN VILAGARCIA) e o Chispetren de Jesús Iglesias (CN AROUSA NORTE) alternábanse nos
postos de cabeza durante toda a regata, ata que xa no último paso obrigado (Faro Ostrería), o de Vilagarcía
perdeu toda opción de alcanzar o triunfo ao ter que retirarse por un problema técnico.

Na clase cruceiro/regata, outro duelo entre pobrenses e vilagarciáns viviuse nesta clase, así o Camping
Ria de Arosa (José M. Pombar) e o Fixius (Miguel Pérez- Lafuente) distanciábanse dos seus rivais.
O barco pobrense protagonizaba unha espectacular regata poñendo en xaque ata aos barcos de regata
e superando ao seu máximo rival na liña de chegada en máis de 4 minutos.
Na clase cruceiro, o Orlando de Gerardo Sánchez (CN. AROUSA NORTE), o Galopín de Manuel Franco
(CN RIBEIRA) e o Piko Norte de José M. Castro (CN Boiro) pelexáronse durante toda a regata nunha
pugna que se resolveu por escasamente 1 minuto de diferenza entre as 3 embarcacións tras case 2
horas de regata. O barco ribeirense lideraba na cinguida cara a Rúa, pero foi superado polo Orlando na
popa por escasos segundos.
Os ganadores desta III Regata Alca se dilucidarán nas próximas datas, 23.10 e 06.11.

Clasificación Proba 2 (25.09.21)
ORC A (Clase Regata): 1º Chispetrén; 2º Mus; 3º Alpha.
ORC B (Clase Cruceiro/Regata): 1º Camping Ria de Arosa; 2º Fixius; 3º Sempre Volve.
ORC C (Clase Cruceiro): 1º Orlando; 2º Galopín; 3º Piko Norte.

Clasificación xeral provisional
ORC A (Clase Regata): Chispetrén 2 pts; Mus 4 pts; Alpha 6 pts; Santana’s 12 pts; Corsario 12 pts.
ORC B (Clase Cruceiro/Regata): Piolín 6 pts; Sempre Volve 7 pts; Camping Ría de Arosa 8 pts; Fixius 9 pts;
Truhán 9pts; A Píllara 10 pts.
ORC C (Clase Cruceiro): Orlando 2 pts; Galopín 4 pts; Piko Norte 6 pts; Thor II 9 pts.

Outros artigos

Afundación presentou “Castelao grafista (facsímile)” en Rianxo

Afundación, a Obra Social de Abanca, veu homenaxeando desde o ano 2020 o insigne intelectual e político rianxeiro coa mostra Castelao grafista (facsímile), conformada por fondos procedentes das coleccións Abanca e Afundación, producida pola Fundación Torrente...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.