Homenaxe ao Club Kempo Pobra polos logros acadados

25 Setembro 2021

O Club Kempo Pobra recibiu unha homenaxe na tarde deste 24 de setembro nun acto que transcorreu no teatro cine Elma, ao que asistiron os e as deportistas que integran esta entidade, arroupados polos seus familiares e membros da
corporación municipal.
O club acadou neste 2021 numerosas distincións, das que deu conta Miguel Pérez, en representación da referida entidade deportiva, quen estivo acompañado no escenario dalgúns dos deportistas. Algúns exemplos son os resultados do Campionato Galego de Grappling, do Campionato de España de Grappling e Grappling GI, ou do Campionato de España de Clubes de Kempo. Tamén destacan os recoñecementos a Álex Pérez, que conseguiu a posición de deportista de alto nivel en kempo de Galicia, e a Adrián Pego Rey, elixido para ir coa selección española ao
Mundial. Así mesmo, o Club Kempo Pobra quedou como terceiro mellor equipo no Campionato de España de Clubes.
A concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo, felicitounos por tódolos resultados obtidos. Neste senso, quixo salientar o afán de superación que os leva cara o éxito e que se traduce en alegrías para toda A Pobra. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, sumouse a estas palabras e manifestou que, de seguro, continuarán chegando boas novas, poñendo xa a vista en próximas citas deportivas nas que participará o club.
Deseguido, procedeuse a amosar o dummy co que o Concello agasalla á sociedade deportiva e realizouse unha breve demostración de como se utiliza este equipamento nos adestramentos. Finalmente, deportistas e membros da corporación fixéronse unha foto de familia no exterior do Elma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

Hay un programa en la tv, de cita a ciegas, lo veo, desde mi afición al conocimiento humano y a la sociología, desde, cuando conocí a Amado de Miguel. Hay una pregunta para mi extraña, la que las chicas hacen a los chicos, ¿Y tú cuantas veces puedes hacer el amor en...

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

Además de a Rianxo, Boiro, A Pobra y Ribeira, el agua del Ulla llega a Padrón, Dodro, Catoira, Valga y Pontecesures, y también está conectado Vilagarcía. En total, cerca de 150.000 personas las que se abastecen de una red que actualmente presenta algunas dificultades...