Frinsa faise co control da terceira conserveira máis importante de Portugal

21 Setembro 2021


A empresa ribeirense FRINSA, unha das maiores fabricantes europeas de túnidos e mariscos en conserva, fundada en Ribeira en 1961, por Joaquín Otero, Manuel Iglesias Corral e o Banco da Coruña e actualmente propiedade de Ramiro Carregal Rey, expande a súa influencia a faise co 75 % de “Exportadora de Conservas”, matriz da terceira maior conserveira do país veciño: A Poveira.
A operación mediante a que adquiriu o 25 % complementa á que xa realizase en 2019 cando se fixo co 50 % da compañía lusa, naquel momento formalizou unha opción de compra sobre o 25 % restante que, aínda que vencería aínda no ano 2023, acaba de ser executada.
Ao lograr a maioría das accións, o grupo ribeirense FRINSA, toma o control das dúas fábricas que Exportadora de Conservas ten no país veciño: unha en Póvoa do Varzim (A Poveira, que foi obxecto dun importante investimento en 2013 para a modernización das súas instalacións) e outra en Matosinhos (A Góndola, unha das marcas que comercializa FRINSA a través da Poveira, reforzándose no mercado premium da conserva de sardiña).
Con esta adquisición fortalece o seu mercado no país veciño e accede a importantes cadeas de distribución ás que prové a firma lusa, entre elas Jerónimo Martins, un forte operador do sector alimentario alí e con gran presenza en países como Polonia e Colombia.

Central da factoria ribeirense de FRINSA

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

O BNG pide que se cubran as prazas médicas en Ribeira

Este xoves celebrouse unha nova concentración da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza no Centro de Saúde, unha mobilización que volve contar co apoio do BNG. Dende a agrupación sinalaron que "a poboación ribeirense segue sufrindo o deterioro do servizo de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.