Frigoríficos Mar da Pobra participará no Salón de Alimentación do Atlántico (SALIMAT) esta finde en Silleda

02 Setembro 2021

Durante os días 3, 4 e 5 de setembro vaise celebrar en Silleda un dos grandes eventos gastronómicos do ámbito galego, estatal e peninsular: o Salón de Alimentación do Atlántico (SALIMAT), no marco da Semana Verde de Galicia. Neste gran escaparate do sector alimentario estarán presentes algunhas das principais empresas galegas deste ámbito de actividade, entre as que se conta Frigoríficos Mar da Pobra, emprazada no Polígono de Rianxo, que confirmou a súa presenza na feira. Amais, no salón daranse a coñecer 77 innovacións alimentarias e, en total, participarán 35 firmas expositoras.

Frigoríficos Mar da Pobra contará cun stand propio, deseñado cunha “proposta moi visual e orixinal onde as persoas que acudan poderán coñecer de primeira man tanto a filosofía da empresa coma o seu catálogo de produtos”, explican fontes da empresa rianxeira, engadindo que este ámbito expositivo dará acubillo tamén a “unha interesante proposta culinaria, xa que nun dos laterais do stand haberá imaxes con 3 receitas elaboradas por Eloy Cancela e Kike Piñeiro, do coñecido restaurante compostelán A Horta d’Obradoiro, a base dos produtos da firma rianxeira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.