Fran Rei e o seu “papá superheroe” chegan este 17 de setembro a Porto do Son

14 Setembro 2021

Este 17 de setembro temos unha cita en Porto do Son cos superpoderes. Será da man do actor Fran Rei, que ofrece na Casa da Cultura, ás 12.00 horas, o espectáculo familiar de humor Superheroe, abeirado ao programa Cultura no Camiño. Baixo dirección de Avelino González, é unha “comedia máxica” e fantástica de 50 minutos ideal para vermos en familia.

O argumento lévanos da man á vida de “Superheroe”, un personaxe que, en ausencia (por motivos laborais) de “Supernai”, deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación e plantando cara a perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. “E todo”, explican Avelino González e Fran Rei, “no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...