“Explotación infantil” – José Manuel Pena

21 Setembro 2021

A obriga de calquera goberno (municipal, provincial, autonómico, nacional ou europeo) é protexer aos nenos de todo tipo de explotación pero as noticias que se suceden cada día sobre decenas de casos de malos tratos así como de explotación económica e sexual de nenos, pon de manifesto a pasividade das autoridades gubernativas de moitos países, entre eles o noso.

En España hai uns 20.000 menores vítimas de explotación infantil que son obrigados a prostituírse, mendigar ou cometer delitos. Segundo unha ONG internacional “un neno que esmoleira en Viena ou Madrid pode sacar cen euros ao día, mentres que as nenas obrigadas a prostituírse xeran unhas ganancias de entre 1.000 e 3.000 euros semanais”. Segundo datos da Rede Española contra A Trata de Persoas, no noso país entre 40.000 e 50.000 mulleres e nenas son vítimas da trata de seres humanos, procedentes de Marrocos, África Subsahariana, países do Leste, Brasil e Centroamérica, principalmente, que son enganadas e traídas a España, onde hai unha gran demanda, desgraciadamente.

As principais causas do traballo dos menores está na marxinación social e extrema pobreza, por presión dos pais así como polas redes de explotación infantil. As diferentes administracións públicas son as responsables de adoptar as medidas oportunas para corrixir esas causas, apoiando ás familias con problemas, facendo realidade a educación obrigatoria, exercendo o control e a tutela sobre certos menores que son explotados polos seus propios proxenitores ou familiares que deben ser levados ante a xustiza.

Outros artigos

“El acuerdo UE–Mercosur” – José Castro López

El Parlamento europeo envió al Tribunal de Justicia el acuerdo entre la UE y Mercosur, presentado como un hito histórico que creaba el área de libre comercio mayor del mundo, una respuesta al proteccionismo de EE.UU. y una oportunidad para reforzar la posición global...

+

“Bórtolo”. Xulio Xiz

Cando en 1967 nacía aquela fermosura radiofónica que se chamaba Radio Popular de Lugo, mozos e mozas poboadores daquela marabilla sonora poderiamos cantar canda Serrat aos nosos gozosos vinte anos. Era unha iniciativa relixiosa, gobernada por civís que nos fixemos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Con las víctimas, nada de ideologías”. José Fernández Lago

“Con las víctimas, nada de ideologías”. José Fernández Lago

El Gobierno español, con el presidente de Andalucía y SS. MM. los Reyes de España, habían llegado a un acuerdo para hacer un Funeral de Estado el 31 de los corrientes, a modo de una especie de homenaje a las víctimas del accidente ferroviario de Adamuz. Por su parte,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.