“Estou un pouco millor. Estaba bastante mal”. Antón Luaces

05 Setembro 2021

O tempo pasado a bordo do Cobija non foi de balde. Eses once meses do que para Pablo Costas Villar, excapitán do pesqueiro somalí Cobija, foi un secuestro, deixárono marcado. Ben marcado. Tanto, que o luns vai ir a un médico internista porque permanece o cansazo, a dor no costado dereito -disque no pulmón- e o tempo de recuperación está por determinar. Non está ben, afirman os que o coñecen. E el mesmo recoñecía o sábado, na súa comperecenza diante dos seus familiares e amigos que estuvera “bastante mal”. Malia todo, asegurou que se atopaba “un pouco millor”. Mais, se a faciana é, como se dí, o espello da alma, a de Costas Villar, o seu semblante mariño, no é bo. Talvez precise moito descanso, como moitos foron tamén os problemas que lle afectaron e aínda lle afectan. E os que lle quedan, probablemente, porque agora arrexan os ventos contrarios. Máis ben, os ventos que veñen de costado e fan de tí un xoguete no océano da vida.

Pablo Costas tivo que aguantar moito. Pero é moi posible que o pior aínda estea por vir, como ben se pode comprobar nos comentarios de todo tipo que aparecen publicados estes días nas redes sociais, base en boa medida que empurrou a unha administración diplomática, a española, que todo o tomou con calma, atemperada probablemente pola significación política de defender a un español retido “ilegalmente” ao sur do Iemen acusado de realizar pesca tamén ilegal, non declarada e non regulamentada. Unha etiqueta que, é posible, fixo que o Goberno de España se tentara moi moito a roupa antes de dar os pasos que foron definitivos para a repatriación do mariñeiro de Bueu. Pablo Costas pode agardar o pior dunha sociedade que foi o seu valedor. como recoñecía en Madrid o propio Pablo, para seguir aguantando os paus dunha vida ingrata a bordo dun buque pouco ou nada grato. Loitar por el, por sí mesmo, ao tempo que debía facelo polos 32 homes ao seu cargo, tripulantes coma el do Cobija.

“No fago moita vida social; pero non son un delincuente”, dixo Costas Villar o sábado na praza do concello de Bueu. Compañeiros do mar, comprensivos da súa situación, comezan a poñer paus nas rodas do seu tren. Pablo quere volver ao mar, onde posiblemente se sinta máis libre. Debe saber, non obstante, que vai estar vixiado, controlado polos seus propios compañeiros de viaxe: unha acusación, aínda que sexa sen base, sempre deixa dúbidas e crea remorsos. A pesca ilegal non é tan rexeitada polos mariñeiros como o é o feito de que quen a practica gañe moito máis diñeiro do que perciben -como salario á parte ou como salario real- aqueles outros que agora contemplan como Pablo Costas leva sobre sí unha aureola de campión pesqueiro que padeceu os males dunha acusación infundada. Infundada?, preguntan os que xa non confían en nada. Infundada?, preguntan as administracións española e galega.A resposta só é a que ten Pablo Costas Villar. Sea Sepherd e Australia teñen o poder difundir datos non avaliados por ninguén. Interpol  abriu o camiño. Non estou seguro de que o Goberno español o peche.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...