Este sábado en Porto do Son mergullámonos na música tradicional galega da man de Interritmos

30 Setembro 2021

A praza de España de Porto do Son (e en caso de chuvia, a Casa da Cultura, situada no número 11 da rúa Atalaia) vai dar acollida este sábado 2 de outubro a unha das actividades itinerantes do ciclo de xornadas e actuacións musicais do proxecto de divulgación Interritmos. Neste caso concreto, será un festival de música en toda regra, que dará comezo ás 19.00 horas coa actuación do grupo Paraíso Canto, gañador do certame Interritmos Sons do Rural, .

A continuación, entre as 19.45 e as 20.30 horas, celebrarase a xornada Herdanzas e sons: cociña da festa, a cargo de Montse Rivera.

Máis tarde, a partir das 20.45, está prevista unha nova actuación musical: a do grupo Trébede, outra das bandas gañadoras do certame Sons do rural.

Este concurso ven da man dos seguintes grupos de desenvolvemento rural: a Asociación de Desenvolvemento Local Deloa, Ribeira Sacra Courel e Salnés Ulla Umia. Máis información destas e doutras xornadas, na web do proxecto.

Outros artigos

Agoraphobia presenta o seu novo álbum “Kamikaze” o 20 de febreiro

Agoraphobia, a banda de rock de Boiro, anunciou que vai estrear o seu novo disco, Kamikaze, no Exporock o próximo 14 de marzo na Coruña Tras o impacto de Eyes Never Lie e Fck You Tony, os dous primeiros adiantos que marcaron o inicio dunha nova etapa na carreira de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.