Este luns e martes conferencias sobre o futuro da pesca, en Vigo

26 Setembro 2021

Este luns, 27 de setembro, vai desenvolverse en formato híbrido (presencial e por videoconferencia) a primeira xornada da “VIII Conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da Pesca”, que nesta edición vai centrarse  na “Pesca Europea diante o Level Playing Field”. Desenvolverase  esta xornada na sede de ARVI (Porto Pesqueiro de Vigo, edificio “Ramiro Gordejuela”), a partir das 16:00 horas, coa participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero Álvarez; o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña; o director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Ignacio Gandarias Serrano, e o presidente de ARVI, Javier Touza Touza. O asunto a tratar será “A importancia do Level Playing Field para a pesca europea”.
A segunda xornada será o martes, 28, a partir das 09,30 horas, e o panel “O etiquetado e as certificacións na pesca do futuro: Como facer partícipe ao consumidor no Level Playing Field”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.