Este 17 de setembro en Boiro, temos unha cita coas letras galegas da man do Mago Tego

14 Setembro 2021

Este venres 17 de setembro temos unha cita cos nosos libros en Boiro e coas súas figuras máis representativas. Será da man do Mago Teto, no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 20.00 horas. Trátase dun espectáculo que tira proveito da máis que interesante confluencia entre literatura e maxia.

Máis en concreto, As Nosas Letras é unha homenaxe á cultura, á tradición e ás costumes galegas a partir dunha escolma de destacadas pezas da literatura galega.
Segundo avanza o propio Mago Tego, “veremos neste espectáculo marabillosas maxias que nos van a espertar o coñecemento histórico e contemporáneo do galego, levaremos a escena a recomposición das cantigas de Afonso X, descubriremos unha incríbel espada enmeigada de Merlín e Familia, o espírito do mestre Castelao fará aparecer un dos seus debuxos no espectáculo, e faremos adiviñación semántica con obras de Risco, Rosalía e Blanco Amor”.

Segundo informa o Concello de Boiro, o aforamento do espectáculo será limitado por mor da COVI-19. A reserva de entradas poderá facerse a través da web municipal.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.